Saltar al contenido

Todos los episodios

Padre Casares·Televisión de Galicia

Todos los episodios

17 temporadas · 231 ep.

Temporada 17

S17 · E1 60 min
Estreno: pronto

Baleiro de poder Episodio 1

pronto
Tú

A Delmiro espérao unha sorpresa no seu despacho do concello: Maite foi ao médico para tratar o seu estrés e deulle unha longa baixa, así que a funcionaria marcha a unha comuna de Xapón a relaxarse uns meses. O primeiro edil séntese perdido sen a súa funcionaria favorita. Quen dará agora os cursos no local social? Quen amansará as beatas? O que non imaxina Delmiro é que a súa querida Moncha verá na ausencia de Maite unha oportunidade: a de ser ela mesma a nova monitora de actividades. Pero o alcalde ten os seus propios plans e un claro candidato, Miñato, o que desatará unha auténtica guerra fría con consecuencias na vida familiar e no día a día do consistorio. Mentres, a parroquia sofre os danos colaterais da reestruturación do concello: se Miñato vai traballar con Delmiro, quen se ocupará da sancristía? Un peculiar xogo de cadeiras baleiras que ameaza con facer saltar polo aire a estabilidade da vila.

S17 · E2 60 min
Estreno: pronto

O segredo Episodio 2

pronto
Tú

É posible gardar un secreto en Santo Antón de Louredo? O caso é que Josito sofre un ataque de cornos. É posible que Fina lle fose infiel con Miñato? Ninguén se atreve a dicilo, pero algo tivo que pasar moi gordo entre a parella, que xa nin sequera dorme baixo o mesmo teito. Pero, onde están agora os protagonistas deste estraño triángulo erótico -festivo? Na casa dos Ferreira? Quizais na de Puri? De incógnito no concello o tal vez no local social? Porque unha cousa é que eles queiran manter o secreto do que aconteceu e outra que os veciños de Louredo non o saiban, que tamén teñen os seus dereitos. E o dereito ao “lareteo” pode que non o contemple a Constitución, pero debería. Sexa como sexa, segredo ou non, a rexouba ameaza a fráxil estabilidade da vila. Non é para menos: afecta directamente a familia do alcalde. O asunto chegará, non se sabe como, ata o mesmísimo bispo. Avecíñanse problemas...

S17 · E3 60 min
Estreno: pronto

Os inmortais Episodio 3

pronto
Tú

As leas dos veciños de Santo Antonio de Louredo comezan cando se decatan de que hai moitos meses que non morre ninguén. Pode ser que se trate dunha simple coincidencia, pero iso non se lles pasou pola cabeza aos veciños da vila e cren que pode ser algo máis. Os veciños caen na conta de que cada vez son máis os casos como os da “Tía Pepa”, unha muller moi lonxeva, coleccionista de extrema uncións pero que nunca acaba morrendo, senón que se recupera dun xeito sorprendente. Casos coma este son que fan que os veciños estean inquedos, ata tal punto que fan apostas para ver quen será o seguinte finado ou finada de Louredo. O problema é que o enfado chegará cando moitos veciños vexan o seu nome na “porra”. Pero namentres os veciños seguen coas súas leas por este asunto, a famosa “Tía Pepa”, unha vez máis, mellora dun xeito milagroso. Os veciños intentan buscar unha explicación ante tal fenómeno e tiran a teoría de que pode ser debido á auga da fonte dos Pitufiños que, casualmente, lla ofrece Elsa momentos antes da súa abraiante melloría. Miragre ou negocio?

S17 · E4 60 min
Estreno: pronto

Polo legal Episodio 4

pronto
Tú

Os problemas e as liortas volven de novo a Santo Antonio de Louredo. Neste capítulo de “Padre Casares” finalmente morre a “Tía Pepa”. A anciá, que parecía tocada polo dedo de Deus e que se recuperaba tras recibir a extrema unción, falece tras un longo período de convalecencia e o seu funeral destapa unha trama de economía somerxida na igrexa e nos comercios. Os problemas comezan cando o Concello, como é costume nestes casos e a pesar do ateo do alcalde, faise cargo de pagar a sepultura e a misa da finada pero a factura de todo o gastado no enterro non aparece. Cando Delmiro fai memoria, decátase de que a parroquia nunca estende facturas polos servizos prestados aos veciños; nin polos funerais, nin polas vodas, nin polos bautizos... Nun acto de bo facer político, o alcalde decide facer desde agora todo “polo legal”. Chega o momento de recadar impostos, que as arcas do concello de Louredo están moi mal de cartos. Pero a investigación da igrexa non foi máis que unha faísca que avivou e comezou a queimar o resto da vila. As irregularidades aparecerán por todo Louredo: na parroquia, no bar, nos traballos a domicilio, no salón de peiteados...Un niño de economía somerxida que ten que rematar pero xa. Á hora de recadar impostos, o concello vese na problemática de ver cal é o mellor xeito de que se paguen os mesmos, de se os impostos deben de ser iguais para todo o mundo ou cadaquén é un caso especial e o máis importante: de como este novo pagamento de taxas municipais afectará ao peto dos habitantes de Santo Antonio de Louredo.

S17 · E5 60 min
Estreno: pronto

Vexetarianos Episodio 5

pronto
Tú

O párroco de Santo Antonio de Louredo, don Perfecto, é un home de hábitos moi saudables e aparentemente está san coma un buxo. Pero o resultado dunhas análises rutineiras dálle uns valores bastante altos, polo que o párroco de “Padre Casares” terá que facer máis cousas que paseos en bicicleta para loitar contra o colesterol. A primeira problemática vén cando ten que apañarse para convencer a Amelia, sen ofendela, de que lle prepare pratos máis saudables. A boa man na cociña da gobernanta da casa reitoral ten moita sona en Louredo, pero ata os pratos máis suculentos fan estragos nos corpos máis sans e don Perfecto xa non está para almorzar un prato de fabada.

S17 · E6 60 min
Estreno: pronto

Sindo quere voar Episodio 6

pronto
Tú

Nesta ocasión, Tapeirán anuncia a próxima inauguración dun parque acuático. Santo Antonio de Louredo non pode ser menos que a súa rival, así que hai que pensar en algo aínda mellor e hai que pensalo rápido. O orgullo veciñal, ese orgullo que tantos problemas lles deu, está en xogo. Mentres, no concello prepáranse dous envíos postais moi importantes: por unha banda, a comunicación aos veciños do novo punto de recollida para reciclaxe, todo un avance para Louredo. Polo outro, a celebración da festa anual para os maiores da vila. O problema é que Fina e Josito, encargados da organización do mailing, non están ao que teñen que estar e así é moi fácil confundirse. O erro fará que espíritos tan xuvenís como o de Sindo se sintan moi afectados cando reciban a invitación do baile da terceira idade. O hostaleiro tomará conciencia do paso do tempo e decidirá cumprir un dos seus soños: botar a voar. Literalmente.

S17 · E7 60 min
Estreno: pronto

Un paseo por Louredo Episodio 7

pronto
Tú

Don Perfecto está moi contento porque unha editorial lle ofreceu publicar unha guía turística sobre Santo Antonio de Louredo. Tal e a ledicia que isto lle produce aos habitantes da vila que Amelia lle anima a facer unha presentación por todo o alto e incluso o alcalde, Delmiro, lle ofrece un local social para poder levar a cabo o evento. Todo Louredo está moi orgulloso do logro do seu párroco pero o que máis lles gusta é o gran número de turistas que se vai achegar á vila tras a publicación do libro. Todos fregan as mans pensando nese momento.

S17 · E8 60 min
Estreno: pronto

A Despedida (ESPECIAL FIN DE SERIE) Episodio 8

pronto
Tú

Especial "Louredo responde" fin de serie.

Temporada 17: 8 episodios

Algunos datos provienen de TheTVDB.

Compartir

Padre Casares

·

· · Televisión de Galicia

Visto

En este episodio

Tu calificación

Comunidad de Wubly

Dónde lo dejé

Abrir serie
Agregar o editar tu comentario
No lo he visto
Compartir
wubly

Síguelo en Wubly

Wubly es solo por invitación durante la beta. Únete a la lista de espera y te enviaremos una invitación por correo.

¿Tienes una invitación? Regístrate

Estás sin conexión

Las páginas que viste hace poco siguen funcionando. Tus cambios se guardan aquí y se sincronizarán al volver.

En línea · sincronizando