İçeriğe geç

Tüm bölümler

TAC·Televisión de Galicia

Tüm bölümler

1 sezon · 7 bölüm

1. sezon

S1 · E1 65 dk

Capítulo 1 1. bölüm

Sen

Losada tivo a sorte de atoparse á beira do hospital cando lle deu o ataque, porque se non morrería. Tras ser intervido, recupérase nun cuarto do Francisco Balmis coma un paciente máis. Laura, que non chegou a marchar a Mallorca, está ao seu carón, xa non coma a súa noiva, senón coma a súa prometida. Todo pinta ben para a feliz parella, pero axiña unha terceira persoa irrompe na relación: Fina, a nai de Losada.

S1 · E2 65 dk

Capítulo 2 2. bölüm

Sen

A aparición do corpo sen vida de Marcos alterará a vida do Francisco Balmis, sobre todo cando levan a Xurxo para tomar declaración na comisaría. Por outra banda, Henrique, o novo xefe de cirurxía cardiotorácica, sorprende a Sara e a Lois cando lles confesa que el non opera. O que estes non saben é a causa: un lamentable suceso ocorrido en Siria, o seu último destino, deixoulle un trauma que lle impide operar e que só é capaz de mitigar con alcol.

S1 · E3 65 dk

Capítulo 3 3. bölüm

Sen

Losada continúa tendo a Henrique como o principal sospeitoso da morte de Marcos, pero axiña descobre que non é un asasino, senón que é alcólico. Serantes sabe que se Henrique bebe é porque ten un trauma e, para axudalo a superalo, envíao a un grupo de terapia para médicos que hai no hospital. Mentres, a noticia do embarazo chégalle a Ánxela no peor momento, cando por fin recuperou o posto de xerente do hospital.

S1 · E4 65 dk

Capítulo 4 4. bölüm

Sen

Losada pensa que Lois está relacionado coa morte de Marcos, polo que comeza a investigalo. Axiña as pescudas darán os seus froitos. Grazas á curiosidade do doutor Losada, os espectadores saberán esta semana algo máis da vida amorosa do cirurxián, o sedutor oficial do Francisco Balmis. Ademais, Lois e Ánxela danlles a Vitu e a Sara a gran noticia: están embarazados. Pero non todo son alegrías, xa que Ánxela e Sara comezan a preocuparse pola súa herdanza xenética. Ambas as dúas poderían ter a enfermidade do ELA.

S1 · E5 65 dk

Capítulo 5 5. bölüm

Sen

Xurxo Prieto converterase na nova estrela do Francisco Balmis por un vídeo en que a actriz Vera Dávila lle dá un bico, polo que agora os rumores que apuntan a unha relación entre o doutor Prieto e a actriz inundarán todos os recunchos do Balmis. Por outra parte, Losada segue a facer das súas no hospital, e a investigación que leva a cabo sobre a morte de Marcos estalle pasando factura á súa saúde, como demostra o seu esvaecemento na cafetería. Coma o seu cardiólogo, Sabih recoméndalle que deixe de xogar aos detectives, pero Losada négase en rotundo.

S1 · E6 65 dk

Capítulo 6 6. bölüm

Sen

Grazas á insistencia de Daniel Losada, a tenente Costa chega cun grupo de homes disposta a arrestar a Xavi polo asasinato de Marcos, o xerente do hospital. Con todo, este consegue fuxir no seu coche, sen decatarse de que leva consigo un incómodo polisón: Losada. Pola súa parte, Sara intenta asumir a verdadeira identidade de Gabriel, que é unha testemuña protexida, á vez que un home misterioso se presenta no Francisco Balmis preguntando por el.

S1 · E7 65 dk

Capítulo 7 7. bölüm

Sen

O asasino de Marcos xa ten nome. Por fin se coñecerá o como e o por que da morte do xerente do hospital. Xabi non apertou ningún gatillo, tampouco lle subministrou ningún veleno ao seu compañeiro de traballo nin lle asestou golpe nin puñalada ningunha. O pecado de Xabi consistiu en omitir o deber de socorro, consciente da morte inminente e agónica de Marcos. O seu segredo converteuno nun asasino e nun traidor ao xuramento hipocrático, que obriga todo o persoal sanitario a asistir a quen o precise, en calquera lugar e momento e na medida do posible.

1. sezon: 7 bölüm

Bazı bilgilerin kaynağı: TheTVDB.

Paylaş

TAC

·

· · Televisión de Galicia

İzlendi

Bu bölümde

Puanın

Wubly topluluğu

Kaldığım yer

Diziyi aç
Not ekle veya düzenle
Bunu izlemedim
Paylaş
wubly

Wubly'de takip et

Wubly beta süresince yalnızca davetle kullanılabilir. Bekleme listesine katıl, davetini e-postayla gönderelim.

Davetin var mı? Kaydol

Çevrimdışısın

Son baktığın sayfalar çalışmaya devam ediyor. Değişikliklerin bu cihazda kaydedilir ve bağlanınca eşitlenir.

Yine çevrimiçi · eşitleniyor